venres, 19 de febreiro de 2016

IMOS DE TEATRO!!

HOXE FUMOS Ó TEATRO A PONTEVEDRA A VER UNHA OBRA MOI BONITA, TITULADA AURORA, DA COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE.

AURORA é un espectáculo musical para todos os públicos a partir dos 3 anos. Esta creación mistura teatro de actor e videocreación co desexo de profundizar a experimentación do Elefante Elegante ó redor das linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en video creando un universo máxico, cómico e misterioso.



PASAMOLO XENIAL!

MERENDAMOS NUN PARQUE PRÓXIMO E LOGO ACUDIMOS A DISFRUTAR DA OBRA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario